Presentación “Da URSS a Rusia“ de José Antonio Egido, Vigo 2023

🌐 Vigo, 1 de novembro de 2023. 📚 Nesta charla o estimado camarada Jose Antonio Egido presenta o seu novo libro ’De la URSS a Rusia: Una historia de infamias y resistencias’ . Esta é unha das cinco conferencias que tiveron lugar en todo o país nas que se trata o proceso que levou á transformación da URSS á Rusia actual. 🇷🇺 🚩Exploranse os momentos críticos, as infamias ocultas e as poderosas resistencias que definiron esta evolución histórica única. 🗣️ Non perdas a oportunidade de formar parte desta profunda conversa: dalle a 👍, comenta e comparte! #Historia #URSS #Rusia #Charla #Vigo #Presentacion #Libro #Infamias #Resistencias #JoseAntonioEgido #Galicia #Comunismo #Capitalismo Na súa xuventude o camarada Egido xa amosou a importancia de coñecer e apoiar a experiencia do socialismo real. No 1979 viaxou a Rumanía e Hungría. O seu primeiro artigo publicado nun xornal foi unha glosa ao camarada Leónidas Ilich Brezhnev tralo seu pasamento no 1982. Aquelo merecera a réplica do principal dirixente do partido xa desaparecido Euskal Mugimendu Komunista (EMK). As agudas análises do intelectual Miguel de Amilibia fixéronlle avanzar tamén neste coñecemento. Nunca estudou ruso, mais a abundancia de editoriais e xornais soviéticos editados en castellano facilitaba a tarefa de coñecer a teoría e as novas da Unión Soviética. Nos anos 80 participou na Asociación de Amistad Euskadi-URSS, que organizou unha semana de cultura da Xeorxia soviética. No agosto do 1990 realizou unha viaxe a Moscova, Leningrado e Riga para seguir coñecendo esa realidade. Dende a caída do socialismo soviético continuou as investigacións producidas ao respecto. Os seus estudos doutorais na Francia facilitáronlle ampliar o coñecemento nas ciencias sociais soviéticas. Na Universidade Bolivariana de Venezuela, en Caracas, impartiu brevemente unha materia sobre a construción do socialismo real. A día de hoxe sostén que para construír unha socidade máis humana hemos de avanzar máis neste debate. __________________________________________________ Web do Partido X Facebook Canle de Whatsapp Instagram Canle de Telegram
Back to Top