Shrek. Tráiler en galego

Haivos moito tempo, nun afastado lamazal, vivía un ogro túzaro chamado Shrek. De súpeto, un día, a súa soidade vese interrompida por unha invasión de abraiantes personaxes. Hai ratiños cegos na súa comida, un enorme lobo na súa cama, tres porquños sen fogar e outros seres que foron botados da súa terra polo malvado Lord Farquaad. Para salvar o seu territorio, Shrek fai un pacto con Farquaad e emprende viaxe para conseguir que a bela princesa Fiona acceda a ser a noiva do Lord.
Back to Top