#30 | Mellores momentos mekemekes

Final de tempada. Final dun soño. Final dunha era. Chegamos ao punto (é posiblemente seguido) desta primeira tempada e xa sentimos un baleiro nas nosas vidas que aínda non sabemos como encher satisfactoriamente este verán. Van ser as vacacións máis duras das nosas vidas despois da morte de Chanquete, mais a intención é voltar e seguir a engrosar as nosas fileira de mekemekes. Neste derradeiro programa non hai moitas ganas de traballar (Miguel nin trae sección e Carlos tira de tempos mellores) excepto Xubi, que foi de menos a máis durante toda a temporada para converterse no noso principal reclamo e, de feito, a el está dedicado boa parte da recolección dos mellores momentos que nos trae Carlos, un disonante paseo polas nosas luces e sombras cheo de náuseas e algún que outro éxtase. Xubi pecha o programa ca única sección orixinal de hoxe falando dos cadernos Rubio que tan bos veráns fixéronnos pasar de cativos e dámonos conta que cambiaron e perden moito se os comparamos con aqueles de principios dos 2000. Xubi regálanos un caderno a cada un co xuramento de traelos cubertos a volta das vacacións. Como vedes os mekemekes sempre estamos aprendendo e temos moitos deberes aínda que facer. Gozade moito do verán e coma sempre graciñas por escoitarnos e tede moi boa semana mekemekes!
Back to Top