Exrcito Mekemeke | 2x02 | A maldade

Dise da maldade que moitas veces é unha cuestión de punto de vista… nós pensamos que depende! Neste segundo episodio tocamos este tema que rodea ao mal e facémolo moi ben acompañados. Está connosco un personaxe novo, o Porquiño Oink! Como non sabemos aínda moi ben que é iso da maldade preguntámoslles aos pekemekes, para que nos ilustren coa inocencia que é ser unha crianza. Casualidades da vida, tocou falar do Día de Defuntos e de Halloween, esta celebridade tan mal celebrada. Algo realmente malvado se nos paramos a pensar. Sool-Sool! Se hai algo malvado, é ter xogado aos Sims algunha vez na túa vida. Quen nunca quitou as escadas da piscina para saber que pasaba? Isto é moito máis no exército mekemeke.
Back to Top