#4 | Noruega non est na Unin Europea

Quen o diría mais aquí seguimos ao pé do canón traendo contido fresco e algún que fede un pouco. Aquí hai cousas para tod@s. Abrimos o programa con Carlos comentándonos que as Tanxugueiras vanse presentar á próxima edición de Eurovisión. Os e as eurofans agradecen sen dúbida que se comece a falar xa destes temas no programa. Miguel segue cas súas andainas polo mundo do cinema para abordar o tema das bandas sonoras, sempre dende unha óptica na que predominan os xogos e o ton desenfadado. Xubi, coma sempre, pecha o programa mergullándose no pasado e nalgún Cash Converters tamén... traéndonos un xoguete que segue a venderse mais que causou un gran furor fai uns 20 anos: os Tamagochis que tantos problemas e dores de cabeza deron ao seus coidadores e coidadoras. Súmate ao Exército Mekemeke! Sígue as nosas batalliñas no Spotify seguindo este podcast.
Back to Top